domingo, 24 de febrero de 2013

MÁIS ENTROIDO

Por fin temos listas todas as fotos e vídeos do entroido e cremos que a espera valeu a pena!! A continuación deixámosvos 3 vídeos: os dous primeiros son unha presentación de fotos e o último é un video-montaxe da festa de entroido. Desexamos que vos gusten!!

Comezamos coas imaxes do desfile de disfraces. Aquí podedes ver aos "Gatos con botas" desfilando e bailando ao ritmo de "Miau, miau, miau":



Continuamos cunha recopilación de imaxes de diferentes momentos da xornada: contemplando o desfile dos compañeiros, facendo o pasarrúas, comendo postres típicos de entroido (Que bos estaban!! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!), ...




E rematamos con este vídeo-montaxe onde nos poderedes ver a todos e todas disfrutando a tope deste día:





NOTA: como xa saberedes, para poder publicar neste blogue as imaxes dos nenos e nenas é necesaria unha autorización específica por parte dos pais/nais/titores. Esa é a razón pola que intentamos evitar, cos medios que temos, que os nenos e nenas que non son de 5º de Edu. Infantil saian nestas fotos, xa que non temos a autorización expresa das súas familias. Por este motivo non podemos facer públicos, por exemplo, vídeos do desfile nos que se ven a outros nenos/as que non son de 5º de Edu. Infantil. 

1 comentario:

  1. Se queredes ver as imaxes con máis calidade, podedes seleccionar esta opción na barra de reproducción de youtube. Se poñedes o cursor enriba dunha pequena roda (que está ao lado dun reloxo e éste, á súa vez, ao lado do símbolo de youtube)veredes un cartel de "cambia la calidad". Se seleccionades o número máis alto, veredes as imaxes con máis calidade

    ResponderEliminar