miércoles, 10 de abril de 2013

DETALLES SOBRE DÚAS ACTIVIDADES

Este trimestre temos previstas moitas actividades complementarias. Como sabedes, xa visitamos o Acuario Finisterrae e a próxima semana temos prevista a seguinte actividade.

Nesta ocasión non temos que desplazarnos, xa que a actividade vaise realizar no salón de actos do centro o vindeiro venres 19. Trátase dun concerto do grupo "Arcos Iris", formado por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Mediante o espectáculo que nos presentará este grupo os nenos/as disfrutarán dunha selección de pezas de distintos xéneros musicais e aprenderán aspectos relacionados cos instrumentos e o modo no que se tocan.
Lamentablemente, esta actividade non é gratuíta. Todos os que estean interesados en participar deberán facer unha aportación de 2,50€ para custeala. Evidentemente, é unha actividade voluntaria e os que non desexen asistir estarán debidamente atendidos polo equipo docente do centro.
Dende aquí queríamos animarvos a que non perdades a oportunidade de asistir a un espectáculo coma este, xa que consideramos que ten un alto valor educativo e didáctico.
Para que os vaiades coñecendo, a continuación vos deixamos cun vídeo deste grupo, "Arcos Iris":



A seguinte actividade da que vos queremos falar é a excursión de fin de curso
O ano pasado fomos ao parque natural de Marcelle e este curso visitaremos a Granxa Escola de Belelle
Está previsto que no noso nivel (5º de Educación Infantil) a excursión se realice o mércores 8 de maio
En Belelle os nenos e nenas participarán en diferentes obradoiros nos que poderán interactuar con aves e mamíferos da granxa; elaborarán pan; coñecerán diferentes tipos de flores e plantas, aprenderán como conservalas... e un montón de cousas máis!!
De novo temos que lamentar que a actividade non sexa gratuíta. O custo da entrada á granxa son 11€, ao que hai que sumar o prezo do bus. Éste variará en función de cantos nenos/as asistan, xa que o prezo total do mesmo dividirase entre todos os participantes. Para poder calcular isto de forma exacta e facer as pertinentes reservas, tanto do bus como da granxa, precisamos saber con antelación cantos alumnos/as estarían interesados en acudir. Para iso, durante esta semana enviamos para casa unha nota que podedes consultar AQUÍ, a modo de reserva de praza. 
O último día para poder reservar praza para a excursión de fin de cursó é o venres 12 de abril. Por iso rogámosvos encarecidamente que entreguedes a nota dentro de plazo, xa que despois dese día non se poderán facer máis reservas.
En canto teñamos o número exacto de participantes, calcularemos o importe total da excursión e volo comunicaremos. Somos conscientes de que vai supoñer un esforzo económico considerable, pero se vos propoñemos facer esta saída é porque estamos convencidas de que o valor educativo compensa o valor económico.
Se queredes coñecer un pouco máis cómo é esta granxa, podedes consultar a súa páxina web clicando sobre o logotipo:

No caso de que teñades algunha dúbida en relación a estas dúas actividades que acabamos de comentar, falade coas titoras. E, de novo, repetimos que lamentamos que o centro non poida custear este tipo de actividades e teñamos que pedirvos ás familias que fagades unha aportación económica para poder levalas a cabo. Pero, como tamén dixemos máis arriba, simplemente se tratan de oportunidades que vos ofrecemos para que os cativos e cativas aprendan cousas dunha forma diferente á que facemos todos os días na clase e, no caso daqueles que non cheguen a realizar as actividades, seguirán estando atendidos/as polo persoal docente do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario