sábado, 4 de mayo de 2013

Detalles sobre a excursión a Belelle

Recordámosvos que esta semana terá lugar a excursión de fin de curso.

O próximo mércores día 8 de maio visitaremos a granxa escola de Belelle, en Neda.


Como sempre, as nenas e os nenos entrarán na súa respectiva aula ás 9:30 e a sairán do centro ás 9:45, polo que rogamos puntualidade. 
A hora de regreso prevista é ás 16:30. No caso de que nos retrasemos, poñerase un cartel na porta do centro para avisar da hora á cal se prevee a chegada. Por seguridade, a recollida do alumnado será na súa respectiva aula e NON na porta do bus.

Rogamos que ese día os nenos/as leven roupa cómoda e adaptada á climatoloxía. No caso de facer sol é moi recomendable que leven gorra. TODOS os enseres de cada neno/a han de vir marcados co nome para evitar que se extravíen (chaquetas, sudaderas, gorras, mochilas...).

Recomendamos que traian unha mochila dun tamaño non moi grande, dentro só é necesario que leven a comida e a bebida. Só realizarán a comida ao mediodía, non tomarán merenda. De ser posible, a comida será fácil de transportar, fácil de comer e que lles guste. Por seguridade, rogamos que ningún neno/a leve cartos.

Aqueles alumnos/as que non asistan á excursión quedarán atendidos polo persoal docente que queda no centro e terán o horario habitual de clases, de 9:30 a 14:30.

Para consultar calquera dúbida recomendamos poñerse en contacto coas titoras.


Vai ser un día memorable!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario