miércoles, 12 de junio de 2013

PROXECTO PINTORES: Cadro colectivo

Xa vos contáramos que este trimestre estamos a traballar no proxecto dos pintores. A clase dos caracois está aprendendo cousas sobre Kandinsky, a clase das xirafas, sobre Andy Warhol e a clase das tartarugas sobre Joan Miró.
Fai varias semanas que pedimos colaboración das familias para facer entre todos/as un cadro colectivo sobre cada un dos pintores e, hoxe, imos amosarvos o resultado, que foi espectacular.
Queremos aproveitar dende aquí para felicitar a todos aqueles país, nais, tíos, tías, avós, avoas... que axudaron aos cativ@s a traballar na súa parte do cadro, xa que o nivel de implicación resultou maravilloso, o que contribuiu a que a actividade fose enriquecedora para todos e todas. E, como non, temos que agradecervos todo o voso traballo e colaboración para facer isto posible.
Así que agora toca ver as obras de arte... comezamos!!


Clase dos caracois: CÍRCULOS CONCÉNTRICOS (Kandinsky)


Mirade o proceso de elaboración:




Clase das xirafas: THE CAMPBELL'S SOUP (Andy Warhol)


Aquí vedes cómo se foi compoñendo esta "lata":





Clase das tartarugas: MUJER, PÁJARO Y ESTRELLA (Joan Miró)


A montaxe desta obra foi así:





No hay comentarios:

Publicar un comentario