martes, 12 de noviembre de 2013

Celebración do Samaín e do Magosto

Tiñamos pendente por amosarvos cómo foi a celebración do Samaín e do Magosto no noso cole, e iso imos facer nesta entrada de hoxe.
Como xa sabedes, o pasado día 31 de outubro foi un día de troula no C.E.I.P. Arteixo xa que celebramos de forma conxunta as dúas festas populares máis importantes do outono: o Samaín e o Magosto.
Foi unha mañá chea de actividade. 
Comezamos vendo unha película "de medo" da man de Dora a Exploradora e de Caillou.
Máis tarde realizouse un obradoiro de maquillaxe, onde pintamos a cara dos cativos/as de forma terrorífica. Mentres tanto, Lidia, a profe de inglés, converteuse en bruxa e fixo un percorrido por todas as aulas amosándonos unha tradición inglesa de Halloween: Trick or treat.
Así foi avanzando a mañá ata que por fin chegou o ansiado momento de ir buscar as castañas do magosto para despois poder comelas entre xogos e risas.
E con isto aínda non terminara a xornada xa que, para rematar, todo o colexio bailou seguindo as instruccións de Nuria, a profe de música de Educación Primaria, quen coreografiou unhas cancións de medo!!
Foi unha mañá do máis completa e divertida!!

Recopilamos algunhas imaxes dese día e elaboramos esta presentación que podedes ver a continuación para que vos fagades unha idea de cómo foi todo isto.
Esperamos que vos guste e a disfrutedes!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario