O planetario da Casa das Ciencias de A Coruña vén de estrear unha nova proxección que se poderá ver durante estas vacacións.
Trátase do programa "Bacteria Mutante", unha historia que comeza nos confíns da nosa galaxia, a Vía Láctea, e na que unha morea de microorganismos vivirán un montón de aventuras.
Este programa pode resultar unha forma amena de introducir aos cativos/as no proxecto no que comezaremos a traballar á volta das vacacións, ou, simplemente, unha boa excusa para pasar un bo rato en familia.
As proxeccións realízanse todos os días ás 12:00 (en galego) e ás 17:00 (en castelán) no planetario da Casa das Ciencias.
Para máis información, clicade na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario