jueves, 20 de febrero de 2014

Excursión á Casa das Ciencias e ó Planetario

Como sabedes, este trimestre estamos traballando no proxecto do Universo.
Así que, para complementar isto, fixemos unha excursión á Casa das Ciencias e ó Planetario de A Coruña o pasado 3 de febreiro.
Foi un día estupendo e pasámolo xenial. Xogamos e aprendemos con todas as experiencias que nos ofrece este museo: péndulos, imans, vento... moitísimas cousas que nos serviron para aprender experimentando.
E, para rematar, asistimos a unha sesión de Planetario na que a estrela Fugaz presentounos a todos os seus amigos e amigas do ceo. Aprendemos un montón!!
Aquí tedes unhas imaxes daquel día. Esperamos que vos gusten.









No hay comentarios:

Publicar un comentario