lunes, 10 de marzo de 2014

Proxecto "Universo": O ceo de marzo

Como sabedes, este trimestre comezamos a traballar no proxecto do "Universo". É un tema moi amplo e interesante que, de momento, está motivando moito a cativos e cativas.
Esta entrada de hoxe é un pouco diferente ás outras que vimos publicando. Nesta ocasión non vos imos amosar cómo están a traballar @s nen@s no proxecto (iso farémolo próximamente), se non que queremos aproveitar para amosarvos ás familias un vídeo que hai colgado en youtube e que pensamos que pode resultar útil para que tod@s aprendamos un pouquiño sobre o universo.
Polos contidos que trata, quizá pode resultar un pouco denso e complicado para os nosos cativ@s, pero esperamos que véndoo en familia vos resulte interesante.
Decidimos publicalo hoxe porque xusto esta noite (10 de marzo) poderedes ver cómo a Lúa vai acompañada no seu paseo nocturno por un punto moi cercano a ela e moi brillante, que non se trata dunha estrela, neste caso é o planeta Xúpiter. É unha boa ocasión para que aquelas persoas que non están moi iniciadas no tema da astronomía poidan localizar con facilidade este planeta no ceo nocturno.
Este é só un dos datos que se describen no vídeo. Ademais fala das constelacións que este mes podemos ver no ceo e, tamén, de cómo o día 20 de marzo comezará a primavera.
Esperamos que vos guste!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario