domingo, 23 de febrero de 2014

Cumples desta semana: Valeria e Carlos

Esta semana tocou festa na clase das xirafas e na das tartarugas.

Na clase das xirafas, esta vez felicitamos a Valeria, quen estivo de cumple a comezos de mes, aínda que non tivemos ocasión de celebralo ata agora. Pero para isto nunca é tarde, así que moi feliz cumpleanos, Valeria!!

VALERIA


E na clase das tartarugas o que estivo de cumple foi o neno maior da clase: Carlos. Sí, sí, xa ten 6 anos!! O pasado mércores 19 celebrámolo por todo o alto, como é debido. Carlos compartiu con nós un biscoito riquísimo!! Moitas grazas e moitas felicidades!!

CARLOS

jueves, 20 de febrero de 2014

Excursión á Casa das Ciencias e ó Planetario

Como sabedes, este trimestre estamos traballando no proxecto do Universo.
Así que, para complementar isto, fixemos unha excursión á Casa das Ciencias e ó Planetario de A Coruña o pasado 3 de febreiro.
Foi un día estupendo e pasámolo xenial. Xogamos e aprendemos con todas as experiencias que nos ofrece este museo: péndulos, imans, vento... moitísimas cousas que nos serviron para aprender experimentando.
E, para rematar, asistimos a unha sesión de Planetario na que a estrela Fugaz presentounos a todos os seus amigos e amigas do ceo. Aprendemos un montón!!
Aquí tedes unhas imaxes daquel día. Esperamos que vos gusten.









lunes, 17 de febrero de 2014

Cadernos dos Bolechas

Como sabedes, fai algúns meses que participamos no concurso "Debuxa o teu cole" dos Bolechas.
Pois a semana pasada recibimos unha sorpresiña en relación a este concurso: os Bolechas enviáronnos uns cadernos como premio por ter participado. Qué ilusión nos fixo recibir este agasallo!!
Aquí nos tedes a todos/as cos nosos cadernos.
Moitas grazas, Bolechas!!

CARACOIS

XIRAFAS

TARTARUGAS



domingo, 16 de febrero de 2014

Cumple desta semana: Alejandro

De novo esta semana tivemos festa na clase dos caracois. 
Nesta ocasión foi Alejandro, quen cumpliu 6  anos o pasado día 9.
E, como non podía ser doutra maneira, celebrámolo por todo o alto.
Aquí tedes a Alejandro, que compartiu con nós un saboroso e chulísimo biscoito.
Moitas grazas polo convite e moitas felicidades!!

ALEJANDRO

jueves, 6 de febrero de 2014

Día da Paz 2014

O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz e da non violencia.
En cada unha das nosas clases fixemos un colgante co símbolo da paz.

CARACOIS

XIRAFAS

TARTARUGAS



Despois, todo o cole xunto, interpretamos cancións a favor da paz e formamos entre todos o símbolo que nós elaboramos para o colgante. Mirade qué chulo nos quedou:



Para rematar, liberamos unha pomba branca. Aquí tedes unha presentación de imaxes que resumen cómo foi este día.


domingo, 2 de febrero de 2014

Cumples desta semana: Alex e Claudia

Esta semana foi de celebración na clase dos caracois.
Nada máis e nada menos que os maiores da clase cumpliron 6 anos, así que toca felicitalos!! Comezamos!!

O primeiro en cumplir esta semana foi Alex, quen o día 28 convertiuse no caracol máis "velliño" de todos. O biscoito que compartiu con nós era chulísimo e estaba moi rico.
Moitas felicidades Alex!!
ALEX




E o sábado día 1 de febreiro estivo de cumple Claudia, aínda que no cole xa o festexamos o venres. Compartiu con nós unha tarta de Caillou!! Estaba boísima!!
Moi feliz cumple Claudia!!
 
CLAUDIA