lunes, 27 de agosto de 2012

Rematando o verán

Comezamos xa coa última semana do mes de agosto e temos setembro á volta da esquina.
En pouco máis de dúas semanas voltaremos ao cole; para axudar aos cativos/as a ir collendo pouco a pouco o ritmo de traballo, imos recordarvos unha serie de tarefas que xa vos propuxemos no seu momento e que pretenden refrescar aquelo que aprenderon no seu primeiro ano de cole.

Hoxe comezamos por recomendarvos que traballedes con eles/elas unha serie de tarefas relacionadas co bo comportamento, a atención e os hábitos saudables.

Por exemplo, podedes facer fincapé en:

- Sentar correctamente:


- Coller os útiles con presión:


- Ter obrigas e cumplilas (vestirse, espirse, recoller, poñer a mesa, facer pequenos recados...). Traballamos así a responsabilidade:


- Facer unha cousa de cada vez: ler contos, ver a tele, xogar, comer... Traballando desta forma a atención e a concentración:



Nota: se picades nas imaxes, tedes links a outras páxinas nas que se amplía a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario