jueves, 23 de agosto de 2012

Aviso: Material para o curso 2012-2013


Queridas familias:
Cada vez vai quedando menos para o remate das vacacións; tan só en 3 semanas estaremos de volta ao cole.
Este ano coincide que por estas datas temos que contar cunha novidade que a ninguén lle fai moita ilusión: a subida do IVA. 
Somos conscientes de que este é un tema que preocupa a moitos e por iso decidimos facer esta entrada no blogue. Recibimos xa varias consultas sobre o material escolar para o vindeiro curso, para poder ir adiantando a súa compra e así evitar que afecte a subida do IVA. Cremos que isto pode facer que a volta ao cole sexa costa arriba para moitos, por iso as profes deste nivel (o dos nenos/as que comezan 5º de Educación Infantil) decidimos que non vamos pedir un listado de material por cada alumno/a. Aínda conservamos algún material do que pedimos ao comezo do curso pasado e imos administralo ben para que, de momento, non teñamos que pedir máis. 
Se segundo vaia avanzando o curso vemos que precisamos algunha cousa (por exemplo, se rematamos cos folios, cos pegamentos, etc.) pedirémosvos a cada familia que contribuades mercando unha cousa determinada (o mesmo que facemos cando rematamos coas toalliñas ou cos panos de papel).

Resumindo: de momento non é necesario que merquedes ningún material para o curso 2012-2013.

Por outra banda, queremos recordarvos que a subida impositiva do IVA non afecta aos libros de texto, que seguirán pertencendo ao grupo superreducido (4% de IVA).
A subida afecta aos outros artículos de material escolar (cadernos, cartolinas, folios, etc.); pero prácticamente todos os asociados á Federación de Libreiros de Galicia van retrasar esta subida do IVA ata o 15 de outubro, para favorecer desta forma ás familias.

Isto último que vos comentamos podédelo leer nos xornais. Aquí vos deixamos un par de enlaces, de entre os moitos que fixeron eco desta nova:


Para rematar, deixámosvos o enlace á entrada na que publicamos o listado de libros de texto para o curso 2012/2013:


No hay comentarios:

Publicar un comentario