sábado, 7 de junio de 2014

Celebración das Letras Galegas 2014

Como xa saberedes, tódolos anos no cole festexamos o Día das Letras Galegas.
Este ano estivo adicado a Xosé María Díaz Castro. Uns rapaces de primaria explicaron quen foi este autor e fixeron unha lectura dalgunha das súas obras. 
A continuación actuamos nós diante de todo o cole, interpretando unha canción que nos gusta moito: "Toxos e flores". Esta actuación témola gravada en vídeo pero, tal e como xa ocorreu noutras ocasións, non podemos publicala aquí xa que no vídeo pódense ver algunos nenos/as que non son de 6º de Infantil e, polo tanto, non temos a súa autorización para poñer neste blogue a súa imaxe. Pero se algunha familia está interesada en ver este vídeo de forma privada, pode enviar un correo a cativadas.arteixo@gmail.com e explicarémoslle cómo ten que facer. 
Despois da nosa actuación, chegou a quenda do grupo de baile galego do cole, onde participan varios nenos/as de 6º de Infantil.
Na presentación de fotos que vos deixamos a continuación, poderedes ver unha recompilación de todos estes momentos que comentamos. Esperamos que a desfrutedes!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario