sábado, 28 de junio de 2014

Cumples de xuño: Carlota, Pablo B., Sabela, Jorge, Anxo.

Os últimos días de xuño foron realmente moi axetreados. Ademais de preparar todo para fin de curso, tamén celebramos moitos cumples. 
Nesta entrada amosámosvos aos cumpleañeiros/as do mes de xuño que aínda non felicitáramos. Imos aló!!

Comezamos felicitando a Carlota, da clase das tartarugas, quen cumpliu os 6 anos o día 18 de xuño. Se vos fixades no seu biscoito, non queda dúbida de cántos anos cumplia. Vaia chulada!! Moitas felicidades Carlota!!


CARLOTA



Un día despois, o 19 de xuño, foi Pablo B., da clase dos caracois, quen celebrou o seu cumple. E fíxoo acompañado de Sabela F.F., que cumple os 6 anos o 23 de xullo, pero que aproveitou para facer festa conxunta con Pablo B. E que ben o pasaron!! Moitas felicidades aos dous!!

SABELA F.F. e PABLO B.



Tamén na clase dos caracois houbo outra celebración conxunta: neste caso trátase de Jorge e Sabela F., que naceron os dous o 23 de xuño, vaia coincidencia!! E, como era de esperar, celebráronno por todo o alto!! Moi feliz cumple para os dous!!

JORGE e SABELA



E para rematar os cumples deste mes voltamos á clase das tartarugas, xa que temos que felicitar a Anxo que cumpliu 6 anos o 26 de xuño e, como non, tamén o festexou no cole cos seus amigos e amigas. Moitas felicidades, Anxo!!

ANXO

No hay comentarios:

Publicar un comentario