martes, 17 de abril de 2012

Visita á Biblioteca Central de Arteixo

Esta mañá fixemos a nosa segunda excursión deste curso: visitamos a Biblioteca Central de Arteixo.

Pasámolo estupendamente porque escoitamos dous contos que nos fixeron rir a esgalla: "Buuuu" e "Os tres osos". Os contos eran moi divertidos e incluso nós e as nosas profes poidemos participar facendo de personaxes.

Para que vos fagades unha idea de cómo foi, aquí tedes esta presentación de fotos, onde podedes ver diferentes momentos desta visita ao contacontos. Esperamos que vos guste!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario