domingo, 15 de abril de 2012

"Cousas de avós": Carrapuchiña vermella.

"Cousas de avós" pertence a un proxecto de voluntariado desenvolvido polas persoas maiores de 60 anos que viven en Arteixo. Entre outras actividades, estes "avós" tratan de achegar á comunidade escolar as vivencias acumuladas ao longo de toda a súa vida.
Durante esta semana tivemos a ocasión de disfrutar deste proxecto no noso cole. Viñeron a contarnos o conto de Carrapuchiña vermella. Quedamos abraiados ao ver os personaxes en acción e despois tivemos a ocasión de xogar e cantar todos xuntos.
Pasámolo de marabilla!!
Deixámosvos unhas fotos da sesión do conto coa clase dos caracois e das tartarugas. Queremos pedir disculpas porque non temos fotos da sesión coa clase das xirafas debido a un problema técnico, pero podemos asegurarvos que tamén disfrutaron un montón.











No hay comentarios:

Publicar un comentario