domingo, 13 de noviembre de 2011

Animádevos a deixar un comentario

Hoxe decidimos facer esta entrada un pouco diferente ás que estades habituados para explicarvos un pouco o funcionamento do blogue a aquelas familias que non esteades moi habituadas.
En concreto, hoxe imos explicar cómo hai que facer para deixar un comentario.
Para nós é importante coñecer a vosa opinión e o que pensades sobre o traballo que facemos e que vos mostramos aquí. Por iso resúltanos útil que nos deixedes algunha mensaxe sobre o que pensades, as vosas impresións, suxerencias, aclaracións, etc.
Ademais, semanalmente lemos na aula estas mensaxes cos nenos/as e failles ilusión atopar aquí os vosos comentarios.
Moitos de vós xa vos animastes a deixarnos algunha mensaxe pero pensamos que pode haber alguén que non teña moi claro cómo facelo, polo que volo imos explicar.

Hai tres formas de poñervos en contacto con "Cativadas de Arteixo":

1ª- Podedes deixar un comentario debaixo dunha entrada que vos resulte interesante.


É moi sinxelo: só hai que clicar enriba do texto, tal e como se indica na imaxe.

Despois de clicar, ábrese un cadro de texto onde poderemos escribir o que queiramos. Posteriormente é necesario escoller un perfil para poder comentar. Aqueles que teñades unha conta aberta en google (xa sexa con gmail, blogger, youtube, etc.) podedes escoller o perfil que xa tedes creado. De non ser así, non é necesario que o creedes nin que vos rexistredes, tan só con escoller a opción "Nombre/URL" xa poderedes comentar.


2º- Outra opción para deixar un comentario máis xeral, sen que teña que ver directamente con algunha das entradas do blogue, é escribilo na caixa de chat que hai na columna da dereita.


Tamén é sinxelo escribir aquí xa que só hai que deixar un nome e, opcionalmente, una dirección de e-mail. A mensaxe que se pode escribir contén poucos caracteres, pero podedes deixar cantas queirades. Despois de pulsar "Ok", o que escribades aparecerá na parte superior do chat.


3º- A última opción para poñervos en contacto con nós é a través do correo electrónico:


Isto está pensado para aquelas mensaxes que nos queirades enviar de forma máis privada, ou por se queredes compartir algún arquivo con nós.
Sempre nos atoparedes na dirección cativadas.arteixo@gmail.com

Esperamos que vos resultase interesante esta información


No hay comentarios:

Publicar un comentario